Se vos pasades pola tenda A Grileira encontraredes unha enorme variedade de instrumentos (e polo tanto con prezos para todo o mundo) tanto tradicionales galegos, feitos polos mellores artesáns, como instrumentos para outros estilos como o latino. Tamén conta con algún dos instrumentos pensados para nenos como acordeóns, xilofóns, etc... que se adaptan, porlo seu peso e o seu tamaño, as súas facultades físicas.
Pero non sólo existen instrumentos na tienda, senón que contades cunha gran variedade de libros, tanto para adultos como para nenos, sobre música así como métodos de aprendizaxe, partituras e libros especializados en músicos e cantigas galegas. Os libros específicos para nenos están pensados para que aprendan algo sobre a música de maneira divertida e entretida.
Son de destacar as coleccións que contribuíron a rescatar a memoria de aquelas formacións os músicos galegos que contribuíron a facer parte da historia da música galega, como son as coleccións de Cumio (Agustín Lorenzo "O gaiteiro de Catoira", Doce polainas enteiras, etc...) e A Tiracolo (Os Monfortinos, Cantigas e Agarimos, Coro de Ruada, Hermanos Moreira, Aires da terra, etc....)
E, como non, unha amplísima selección de CD´s dos grupos, formacións e músicos do panaroma actual na música galega, tanto de aqueles consagrados como son Milladoiro, Fuxan os Ventos, Mercedes Peón, etc..., como de outros menos conocidos polo gran público como son Os carunchos, Durindaina, Pepe Vaamonde Grupo, As nordestinas, etc...
Aquí vos deixo uns videos que conteñen algunha das cancións que podedes encontrar nos CD´s que hachredes na tenda.
Grazas por seguirme,
Tomé
No hay comentarios:
Publicar un comentario